Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Ladar, A Goleta e Seixos, no concello de Monterroso e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 16/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Seixos, cunha tensión de 20 kV, con orixe na L.M.T a C.T. San Breixo e remate no C.T. de Seixos, cunha lonxitude de 0,467 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 3 apoios de formigón.

2. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Ladar, cunha tensión de 20 kV con orixe no P-2 L.M.T. ó C.T. de Seixos e remate no C.T. de Ladar, cunha lonxitude de 0,799 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 6 apoios de formigón.

3. Centro de transformación intemperie de Seixos, situado en Seixos, de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de Ladar, situado en Ladar de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Liña de baixa tensión aérea de Seixos con orixe no C.T. de Seixos, cunha lonxitude de 0,37 km e 7 apoios de formigón.

6. Liña de baixa tensión aérea de Ladar e A Goleta, con orixe no C.T. de Ladar, lonxitude 1,035 km e 17 apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluidas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de

outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 16/1999 Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T. Ladar, A Goleta, SeixosTermo municipal: Monterroso

L.M.T. a C.T. Ladar

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

8CortiñaPradoMª Jesús López VázquezSan Xián de Insua, 23

27556 Taboada

322032.030

12PiñeiroPradoRemedios López ReySan Pedro

27560 Monterroso

31

14PiñeiroPradoHiginio Carballo HidalgoAvda. Ramón y Cajal, 27, baixo

48014 Bilbao

12120

16APiñeiroMonte baixoHiginio Carballo HidalgoAvda. Ramón y Cajal, 27, baixo

48014 Bilbao

770

16BPiñeiroMonte baixoMª Carmen Durán FernándezPacios, 5

27550 Taboada

660

21PiñeiroMonte baixoLuis Carballo HidalgoSan Pedro, 19

27560 Monterroso

5124240

23PiñeiroPradoCarmen Vila GómezSan Breixo, 22

27560 Monterroso

16100

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 16/1999 Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T. Ladar, A Goleta, SeixosTermo municipal: Monterroso

L.M.T. a C.T. Seixos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

1Prado da BarxaPradoSilva González VilaR/ Catro Camiños, 6 C

27600 Sarria

1274740

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

2Prado da BarxaPradoRpte. María González Vila

Antonio Coego Fente

Avda. de Lugo, 49

27560 Monterroso

432

4Prado da BarxaPradoCarmen Rodríguez ArgizSan Pedro de Frameán

27569 Monterroso

2194700

5Prado do BarreiroPradoRpte. Victorino Vila Buján

Armando Blanco Pardo

Vilela Vilar (Casa de Vilela)

27550 Taboada

20200