Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000 referente á convocatoria para prover dúas prazas de garda da policía local.

No BOP da Coruña nº 164 do 18 de xullo de 2000, publícanse integramente as bases e o programa da convocatoria para a provisión, mediante o sistema de oposición libre, de dúas prazas de garda da policía local, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de policía local, dotadas co salario correspondente ó grupo D do artigo 25 da Lei 30/1984 e retribucións complementarias fixadas pola corporación, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Ponteceso para 2000, publicada no Boletín Oficial del Estado nº 100 do 26-4-2000.

O prazo de presentación de instancias mediante as que se solicita participar será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Ponteceso, 24 de xullo de 2000.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde