Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/48-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.

Domicilio social: r/ Galera, 1, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., Paradela-Alais-Abeleda-Sampaio-Castro.

Situación: Castro Caldelas.

Descricións técnicas: cinco liñas aéreas, a 20 kV, en conductor tipo LA-56, denominadas: Conde de Oleiros (Castro)-Bodegas Sampaio de 2.608 m de lonxitude, derivación Sampaio-Abeleda de 652 m, derivación Abeleda-derivación Alais de 604 m, L.M.T. Alais de 291 m, e derivación Alais-Paradela de 962 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de xullo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense