Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.328

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ás categorías 003 (controlador pecuario, axudante técnico/a pecuario), 067 (capataz de obras e outros), do grupo III ás categorías 002 (auxiliar mecánico e outros), 006 (axudante/a servicios técnicos e outros), 007 (garda xurado fluvial, garda de explotación), 021 (oficial de 2ª carpinteiro e outros) do grupo IV ás categorías 009 (celador/a de segunda e outros), 010 (auxiliar de teléfono de información ó cidadán) do grupo V (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Publicadas as resolucións da Dirección Xeral da Función Pública polas que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral

reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente ás categorías 003 (controlador pecuario, axudante técnico/a pecuario), 067 (capataz de obras e outros), do grupo III á/s categoría/s 002 (auxiliar mecánico e outros), 006 (axudante/a servicios técnicos e outros), 007 (garda xurado fluvial, garda de explotación), 021 (oficial de 2ª carpinteiro e outros) do grupo IV ás categorías 009 (celador/a de segunda e outros), 010 (auxiliar de teléfono de información ó cidadán) do grupo V (lista B), e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías citadas con anterioridade, da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia a exposición das listas das categorías citadas anteriormente, quedarán sen efecto as listas das ditas categorías elaboradas con anterioridade á Resolución do 30 e xuño da Dirección Xeral da Función Pública tal e como se establece na base 6ª desta.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública