Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector das industrias de siderometalúrxica de Lugo (siderometal).

Visto o texto do convenio colectivo para o sector das industrias de siderometalúrxica de Lugo (siderometal) (código 2700475), da provincia de Lugo, asinado o día 8 de xuño de 2000, pola representación

da Asociación de Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugo, da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo e das centrais sindicais UGT (34,2%) e CC.OO. (31,1%), e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de xullo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio provincial

para as industrias de siderometalúrxica

Artigo 1º.-Obxecto do convenio.

O presente convenio ten como obxecto establecer certos criterios particulares, non recollidos na lexislación laboral, para as melloras das relacións laborais das partes que o subscriben.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

No seu aspecto territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afectará a tódalas empresas situadas na provincia de Lugo que se rixan pola Ordenanza de traballo de siderometalúrxica e o persoal que nelas preste os seus servicios.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

A vixencia do presente convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2001, con independencia da súa publicación no BOP.

As partes comprométense, no caso de constituírse unha mesa de negociación de ámbito autonómico, a acudir ás citadas negociacións.

Artigo 4º.-Denuncia.

Cunha antelación de 30 días á data de finalización do convenio deberá ser este denunciado por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará, en todo caso, a súa prórroga por un ano, e iguais termos, salvo no referente á taboa salarial.

Artigo 5º.-Norma supletoria.

En todo o que non estea previsto no presente convenio, continúan sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral da Ordenanza laboral de traballo de siderometalúrxica, recentemente derrogada, excepto aqueles aspectos que se opoñan ó disposto neste convenio, mentres non se aprobe un acordo marco para o sector de ámbito estatal ou autonómico.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense con carácter de mínimas. Dentro das condicións pactadas respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as aquí dictadas, manténdose as ad personam en canto excedan do cómputo anual.

Artigo 7º.-Publicidade.

As empresas de ámbito deste convenio terán que ter exposto nos seus centros de traballo un exemplar deste para debido coñecemento de todo o persoal.

Artigo 8º.-Comisión mixta.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados, como consecuencia da súa aplicación, constituirase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. No caso de non chegarse ó acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), AGA e xurisdicción competente. A citada comisión estará formada por 6 representantes das asociacións de empresarios asinantes e outros 6 dos representantes da parte social: UGT, tres; CC.OO., tres.

Artigo 9º.-Salario base.

Para 2000 será o que consta na táboa salarial anexa, que supón un incremento dun 3% respecto dos salarios do ano 1999, e aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2000.

Para o ano 2001, o incremento salarial será do IPC previsto polo Goberno para o ano 2001 máis un 0,5%.

Artigo 10º.-Complemento de asistencia.

Este complemento, como o seu nome indica e que sinala na segunda columna da táboa de salarios, diferenciado segundo a xornada laboral semanal sexa de 6 días ou de 5 días, devengarase por día traballado e en vacacións. Este complemento de asistencia perderase polas causas e motivos seguintes:

a) Tres faltas de puntualidade ó mes, darán lugar á perda dun día de complemento, seis faltas de puntualidade tres días e dez faltas perda do complemento do mes. Igual sanción será a anticipación á saída ó termo da xornada laboral. Para ser considerada falta de puntualidade deberá esta supoñer un atraso de cinco minutos diarios polo menos.

b) A falta dun día de traballo ó mes, sen causas xustificadas (previstas na Ordenanza de traballo) dará lugar á perda de tres días de complemento, a falta ó traballo sen causa xustificada nin regulamentada de dous días, dará lugar á perda de seis días do complemento de asistencia e a falla ó traballo durante tres días ó mes, tamén sen causa xustificada nin regulamentada, dará lugar á perda do complemento correspondente ó mes.

Artigo 11º.-Cláusula de revisión.

Para o ano 2000 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2000 rexistrase un incremento superior ó 2%. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra que non xerará o cobro de atrasos, servindo de base para aplica-lo incremento salarial do ano 2001.

Para o ano 2001 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2000 rexistrase un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra que non xerará o cobro de atrasos, servindo de base para aplica-lo incremento salarial do ano 2002.

Artigo 12º.-Consolidación do premio de antigüidade e compensación.

A partir do 31 de decembro de 1998 suprímese, no ámbito de aplicación do presente convenio, o concepto económico de antigüidade, denominado premio de antigüidade (artigo 12 do convenio anterior). Segundo o sinalado, ó longo do ano 1998 o premio de antigüidade continuou aplicándose tal e como se prevía no convenio anterior (quinquenios ó 5%).

Non obstante o anterior, as contías que corresponderían por anos de servicio a 31 de decembro de 1998, manteranse como un complemento ad personam denominado ex antigüidade, o cal sufrirá os mesmos incrementos anuais que tivera o resto do convenio, non sendo, polo tanto, compensable nin absorbible con ningún outro incremento.

Segundo o sinalado inclúese como anexo ó convenio a táboa de complemento ex antigüidade que corresponde a cada traballador por cada ano de antigüidade na empresa ó longo do ano 2000. De igual forma, para o ano 2001 incluirase un anexo ó convenio no que figurará o complemento ex antigüidade que corresponda a cada traballador por cada ano de antigüidade na empresa ó longo do ano 2001.

Por outra banda, e en compensación ó disposto nos parágrafos anteriores, créase con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999, no ámbito de aplicación deste convenio, un complemento de compensación, cotizable á Seguridade Social, co obxecto de camiñar cara á equiparación salarial cos convenios da industria de siderometal da Comunidade Autónoma galega.

A contía do complemento de compensación referido no parágrafo anterior será, para cada ano, no transcurso de 6 anos (desde 1999 ata o ano 2004) ambos inclusive), a contía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997, unha porcentaxe do 1,35%.

Durante o primeiro ano de vixencia do presente convenio, isto é, desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000, os traballadores percibirán en concepto de complemento de compensación as contías que, calculadas de conformidade co establecido no parágrafo anterior, figuran como anexo do presente convenio.

Para os anos sucesivos (desde o ano 2001 ata o ano 2004, ambos inclusive), procederase, en cada ano, a engadirlle á contía correspondente do ano anterior a contía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997 unha porcentaxe do 1,35%.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Co carácter de complemento salarial aboaranse dúas gratificacións extraordinarias, tendo cada unha delas a contía de 30 días de salario base, complemento ex antigüidade e complemento de compensación, facéndose efectivas o día laborable inmediatamente anterior ó 22 de xullo e 22 de decembro.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal vinculado ó presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións ó ano. O período de desfrute das ditas vacacións será preferentemente entre os meses de maio e outubro. O calendario de vacacións anuais haberá de pactarse entre a empresa e os traballadores antes do 1 de abril de cada ano.

O salario que se percibirá durante as vacacións virá determinado polo salario base, complemento ex antigüidade, complemento de compensación e mailo complemento de asistencia correspondente ós días laborables do dito período vacacional.

Artigo 15º.-Premio de xubilación.

As empresas concederán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que con dez anos de antigüidade na empresa, como mínimo, se xubilen voluntariamente durante a vixencia do presente convenio. A súa contía irá en función da seguinte escala:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 742.630 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 636.540 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 530.450 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 424.360 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 212.180 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 65 anos: unha mensualidade de salario base máis o complemento ex antigüidade e complemento de compensación.

Para a súa percepción terán que solicitarse no prazo de tres meses, desde o cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas soamente se concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Tódolos traballadores terán dereito a que as empresas lles provexan de tres fundas ou peza similar cada ano, de uso obrigatorio, prohibíndose, salvo para o seu lavado, e con permiso da empresa sacar fóra dos seus locais tales pezas de roupa.

As asignadas ó persoal técnico e administrativo serán adecuadas ás súas funcións.

Artigo 17º.-Permisos e licencias.

Avisando coa debida antelación, o traballador terá dereito a permisos retribuídos polas seguintes causas:

a) Por falecemento do cónxuxe, fillos ou pais do traballador, 4 días naturais e 5 días se ocorre fóra da provincia.

b) Por falecemento de avós, avós políticos, netos, pais políticos, fillos políticos, irmáns, irmáns políticos, 2 días naturais e 4 se ocorre fóra da provincia. Prevese a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

c) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do pai, avó, fillos e cónxuxe, declarada polo médico que o asista. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días. Prevese a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

d) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns. Cando fose fóra da provincia, terase dereito a un día máis.

e) Quince días naturais en caso de matrimonio do traballador e tres días naturais por nacemento de fillo. Neste último caso cando o traballador necesite facer un desprazamento, o prazo será de catro días.

f) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos traballen.

g) Quen por razóns de garda legal teñan ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñen outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

h) As traballadoras embarzadas terán dereito a ausentarse do traballo con dereito a remuneración para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada laboral. Así mesmo, terán dereito á asistencia á consulta médica de especialista coincidindo o horario de consulta co do traballo, sempre que sexa xustificada e polo tempo necesario.

i) Un día laborable polo cambio de domicilio habitual debendo ser este debidamente xustificado.

Estes permisos serán retribuídos sobre salario base da primeira columna da táboa salarial anexa, incrementándose co correspondente complemento ex antigüidade e complemento de compensación.

j) En caso de cumprimento de deberes inescusables de carácter público, nos cargos representativos, rexeranse polo previsto na Ordenanza de traballo, percibindo tódolos conceptos incluso o complemento de asistencia.

En todo caso os traballadores terán dereito ás licencias e permisos previstos no Estatuto dos traballadores hoxe en vigor.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral durante a vixencia do presente convenio queda fixada en 1.787 horas anuais de traballo efectivo, distribuíndose de luns a venres, ámbolos dous incluídos, salvo o disposto nos artigos 19 e 19 bis.

Dentro da xornada prevista no presente artigo os días 24 e 31 de decembro consideraranse con carácter xeral como días non laborables. No caso de que os traballadores teñan que prestar servicios nas datas sinaladas por razóns organizativas ou de necesidade de atención ou asistencia ó público, as empresas deberán substituí-lo desfrute do descanso nas datas sinaladas por outro tempo de descanso equivalente.

Artigo 19º

A empresa queda facultada para nomear un servicio en sábados, para manter un nivel de asistencia ó público, así como, se é o caso, funcións de mantemento en xeral, que en ningún caso será superior ó 50% do cadro de persoal. Ningún traballador está obrigado a prestar servicios dous sábados seguidos.

Aqueles traballadores que presten servicios os sábados, desfrutarán do descanso equivalente ó luns, de forma que desfruten un descanso ininterrompido de 48 horas, salvo que por acordo da empresa e traballadores decidan manter outro sistema de descanso, incluído aquel que viñera utilizando na actualidade.

Artigo 19º bis

Os traballadores que realicen a súa xornada en domingo ou festivo terán dereito a un descanso compensatorio de dous días por cada domingo ou festivo traballado, que desfrutarán dentro dos dous meses seguintes, segundo acordo entre a empresa e o traballador.

Artigo 20º.-Quendas.

Os traballadores contratados en réxime de xornada ordinaria que vexan modificado tal réxime polo de xornada a quendas rotativas, percibirán un complemento consistente no 20% do salario base do convenio.

Artigo 21º.-Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais asinantes do presente convenio colectivo, as empresas descontarán da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador ou traballadores interesados en tal operación remitiranselle á empresa un escrito no que se expresarán con claridade a orde de desconto, a central sindical á que pertenece, a contía da cota, así como o número da conta ou cartilla de aforro á que debe ser transferida a correspondente cantidade.

A dirección de empresa entregará copia da transferencia á representación sindical.

Artigo 22º.-Xubilación ós 64 anos.

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas ás que lles sexa solicitada por un traballador esta xubilación á idade xa citada, veranse obrigadas a contratar outro traballador, nas condicións establecidas no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 23º.-Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axudas de custo percibirá 3.650 ptas. diarias por axuda de custo completa, e 1.515 ptas. por media axuda, ou ben os gastos a xustificar, á elección da empresa. Estas axudas de custo serán de aplicación a tódalas empresas de montaxes eléctricas e telefónicas.

No caso de que se produzan modificacións no sistema de aboamento dos gastos de manutención e aloxamento empregado de modo habitual na empresa, haberá que comunicarllo ó traballador con antelación.

Artigo 24º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán en favor dos traballadores unha póliza de seguros que cubra, no caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, nas contías de 2.750.000 e 3.250.000 ptas., respectivamente.

A partir do 1 de xaneiro do ano 2001 a póliza referida no parágrafo anterior haberá de cubri-las seguintes contías: 2.915.000 no caso de morte e 3.445.000 no caso de invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.

Non obstante a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí convido, considerarase como percibida á conta da indemnización que, se é o caso, puideran declarar, con cargo ás empresas, os tribunais de xustiza na vía penal, compensándose ata onde aquela non alcance.

Artigo 25º.-Préstamo ós traballadores.

As empresas crearán un fondo de préstamos para os seus traballadores. Para a súa concesión, así como para a determinación da súa contía, observarase o mutuo acordo da empresa e o traballador. O mencionado préstamo non reportará xuros e a súa devolución deberá efectuarse no tempo que acorden empresa e traballador.

As solicitudes de préstamos traerán como causa a adquisición de vivenda, automóbil, aboamento de gasto de enfermidades, etc.

Artigo 26º.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios do Metal de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector do metal, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional como regulamentada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector da provincia de Lugo.

Artigo 27º.-A parte empresarial e a parte social acordan manifesta-la súa vontade de camiñar cara á unificacióbn, nun só texto, do articulado dos convenios do siderometal e comercio do metal da provincia de Lugo.

Artigo 28º.-Recoñecementos médicos.

As empresas vinculadas ó presente convenio colectivo estarán obrigadas á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene ou a través da Mutua Patronal de Accidentes de Traballo. As empresas estarán obrigadas a concede-lo tempo necesario para a realización destes recoñecementos, logo de citación por escrito, na que deberá figura-lo día e a hora.

Artigo 29º.-Compensación en caso de IT.

No caso de situación de baixa por IT a consecuencia de accidente de traballo e enfermidade profesional, as empresas aboarán o complemento necesario para que, xunto coas prestacións aboadas pola Seguridade Social, o traballador perciba o salario que se establece no presente convenio, a partir do día seguinte ó do inicio da baixa e mentres dure a situación de IT.

No caso de enfermidade común ou accidente non laboral, percibirase un complemento ata que o traballador perciba o 90% do salario que se establece neste convenio, a partir dos 60 días do inicio da baixa. O dito complemento será ata o 100% do salario establecido neste convenio a partir dos 120 días, contados a partir da data de inicio da baixa, e, en todo caso, nos supostos en que se produza hospitalización do traballador e durante o tempo que dure esta máis 14 días posteriores á data de finalización da hospitalización.

Artigo 30º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios do Metal de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas dúas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos competentes nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións que a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 31º.-Liquidación.

Nos casos de terminación de contrato ou baixa voluntaria do traballador, entregaráselle ó traballador copia da liquidación con tres días de antelación ó cesamento.

Artigo 32º.-Cláusula de desvinculación.

As partes asinantes do presente convenio acordan someterse ás seguintes normas en tódolos ámbitos de negociación, cando algunha empresa decida solicita-la inaplicación do incremento salarial pactado no presente convenio.

a) Comunicar por escrito as súas pretensións á representación dos traballadores e á comisión paritaria do convenio dentro dos 10 días naturais seguintes ó da súa publicación no boletín oficial correspondente.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais posteriores á comunicación anterior achegará ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa da petición:

1. Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

2. Orzamento e conta de resultados dos dous anos anteriores.

3. Orzamento e previsión do ano en curso.

4. Informe relativo á situación dos aspectos financeiros, productivos, comerciais e de cotización á Seguridade Social e Facenda.

c) Á vista da documentación presentada, se no prazo de 10 días non se acadase acordo remitiráselle á comisión paritaria a resolución da discrepancia así como a documentación sinalada no punto b), a cal no prazo máximo de dez días resolverá a cuestión formulada. Se neste prazo a comisión non resolvese a dita cuestión, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA I, do 4 de marzo de 1992.

d) Nas empresas nas que non exista representación legal dos traballadores a empresa comunicará a dita petición de desvinculación e a documentación acreditativa á comisión paritaria, procedéndose conforme o disposto no parágrafo anterior.

e) Os acordos acadados no ámbito da empresa establecerán, de xeito obrigado, os incrementos obrigados para a vixencia do convenio así como a forma e tempo para a súa recuperación. Do acordo acadado daráselle conta á comisión paritaria do convenio, co obxecto de ter un seguimento dos problemas do sector e revisar que se cumpran os criterios marcados.

Artigo 33º.-Modalidades de contratación.

33. Contrato para a formación.

Tendo en conta que o contrato para a formación debe ser fundamentalmente un contrato formativo, non caberá no ámbito de aplicación do presente convenio a formalización dun contrato de traballo para a formación que teña por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo non cualificado.

A formación teórica no contrato para a formación terá unha duración mínima do 15% da xornada laboral diaria, e máxima do 20%, podéndose impartir acumulando semanalmente o tempo destinado a formación. Por acordo coa representación legal dos traballadores ou cos propios traballadores, poderanse establecer períodos de formación ó comezo do contrato, no intermedio e na fase final deste.

En todo caso o salario de contratación dos traballadores para a formación será, como mínimo, igual ó 75% e 90% do salario base da categoría profesional para a que se forma o traballador durante, respectivamente o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato. O resto das condicións laboaris, tales como complementos, percibirase en proporción ó tempo de traballo efectivo.

Polo feito de non te-los traballadores contratados baixo a modalidade de contrato para a formación dereito a prestacións por desemprego, establécese unha indemnización por finalización de contrato consistente no aboamento de 10 días de salario por ano de servicio na empresa, sempre e cando o traballador non continúe na empresa baixo outra modalidade de contratación.

2. Contrato de traballo en prácticas.

No ámbito estatal determinaranse os postos de traballo, períodos de proba, grupo, niveis ou categorías co obxecto deste contrato.

O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita-la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

Establécese unha retribución mínima garantida para os traballadores en prácticas no ámbito de aplicación do presente convenio, nas seguintes contías:

-Titulado superior:

Primeiro ano de contrato: 90.640 ptas./mes.

Segundo ano de contrato: 106.090 ptas./mes.

-Titulado grao medio:

Primeiro ano de contrato: 87.550 ptas./mes.

Segundo ano de contrato: 100.940 ptas./mes.

-Formación profesional:

Primeiro ano de contrato: 85.490 ptas./mes.

Segundo ano de contrato: 96.820 ptas./mes.

3. Contrato eventual previsto no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

Os contratos previstos no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores vixente poderán ter unha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de dezaoito meses, en tanto en canto non se aprobe un acordo marco para o sector de ámbito estatal ou autonómico que regule esta materia, suposto no que a duración destes contratos se rexerá polo disposto no acordo marco.

4. Conversión de contratos formativos e de duración determinada en indefinidos.

As empresas que teñan contratados a traballadores a través de contratos para a formación, ó termo deles, converterán un 30% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

As empresas que teñan contratados a traballadores a través de contratos en prácticas, ó termo deles, converterán un 25% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

As empresas que teñan contratados a traballadores a través de contratos de duración determinada previstos no punto 3 deste artigo, ó termo deles, converterán un 20% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

5. Contrato para o fomento da contratación indefinida.

Entendendo as partes asinantes que a modalidade contractual de contrato para o fomento da contratación indefinida é un instrumento adecuado para a consecución do emprego estable, no ámbito de aplicación deste convenio, poderá concertarse esta modalidade contractual con traballadores empregados na empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, subscrito unha vez transcorrido un ano desde a entrada en vigor do Real decreto ley 8/1997.

Disposicións adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio consideran o acordo interprofesional galego sobre os procedementos extraxudiciais de solución de con

flictos de traballo (AGA) a canle idónea para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio crea unha comisión técnica paritaria que estará integrada por un membro de cada central sindical asinante do presente convenio e por un número igual de representantes da parte empresarial, co cometido de estudiar e buscar unha fórmula de consenso nas seguintes materias:

a) Adaptación da clasificación profesional prevista neste convenio ó texto do acordo sobre clasificación profesional para a industria do metal asinado o 16 de xaneiro de 1996 entre as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG e Confemetal.

b) Saúde laboral.

Terceira.-As empresas afectadas pola aplicación do presente convenio, de conformidade co establecido no artigo 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, deberán facilitarlles ós traballadores equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, obriga que, no caso de incumprimento, dará lugar ás sancións previstas no referido texto legal.

Da mesma forma os traballadores afectados pola aplicación do convenio virán obrigados ó emprego dos equipos de protección individual proporcionados pola empresa, iso de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 31/1995, obriga que, no caso de incumprimento suporá a comisión das infraccións previstas na normativa laboral de aplicación.

Cuarta.-As partes asinantes, conscientes dos prexuízos que para empresas e traballadores levan os supostos de competencia desleal, coinciden na necesidade de colaborar na erradicación de tales prácticas, previstas como infracción moi grave na normativa laboral de aplicación.

Quinta.-Os atrasos por diferencias de salarios, consecuencia da entrada en vigor do presente convenio aboaránselles ós traballadores no prazo de dous meses desde a publicación del no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL DO CONVENIO DE SIDEROMETAL

VIXENCIA: 1-1-2000 Ó 31-12-2000

Categoría profesionalSoldo día/mesComplemento

6 días

Asistencia

5 días

Complemento

Compens./ano

Total anual

Peón 2.8391.1741.40838.2481.596.823

Especialista 2.8541.2101.44938.6681.613.868

Mozo especialista almacén 2.8541.2101.44938.6681.613.868

Oficial de 1ª 2.8821.3161.58139.7601.659.860

Oficial de 2ª 2.8661.2731.52939.2841.639.584

Oficial de 3ª 2.8581.2371.48538.9201.624.820

Listeiro84.9791.2701.52138.5281.608.484

Almaceneiro85.8541.2151.50238.7241.616.180

Chófer camión86.5041.3031.56339.3121.641.118

Garda xuramentado85.3911.1961.43638.1361.592.610

Vixilante85.3381.1911.43238.1081.590.840

Categoría profesionalSoldo día/mesComplemento

6 días

Asistencia

5 días

Complemento

Compens./ano

Total anual

Telefonista85.2631.1911.43238.0801.589.762

Conserxe86.0481.2661.52038.8921.623.564

Xefe 1ª administrativo89.8861.6982.03843.3721.811.276

Xefe 2ª administrativo88.9731.5971.91342.3081.766.180

Oficial 1ª administrativo87.7641.4061.68740.5161.690.962

Oficial 2ª administrativo86.9081.3501.62039.8161.661.528

Auxiliar administrativo85.8971.2361.48338.6121.611.920

Viaxante87.7341.4671.75940.9361.708.962

Enxeñeiro, arquitecto, licenciado93.3122.1612.59347.9642.002.582

Peritos, aparelladores, con responsabilidade técnica92.6702.0622.47447.0121.962.892

Peritos aparelladores92.3241.9852.37946.3121.933.598

Axudante enxeñeiro91.2971.9152.30145.4721.898.880

Mestre industrial88.5921.6521.98542.6161.779.154

Xefe de taller89.7971.6862.02343.2601.806.168

Mestre de taller 1ª87.9501.5291.83141.4681.730.518

Mestre de taller 2ª87.6691.4471.73940.8801.702.996

Encargado86.7801.3541.62639.7881.661.208

Delineante proxectista89.2501.6141.93542.5321.775.782

Debuxante proxectista89.2501.6141.93542.5321.775.782

Delineante 1ª87.7451.4491.73940.8241.704.004

Delineante 2ª86.9091.3501.62039.8161.661.542

Auxiliar85.5561.2321.48038.4721.606.256

ANEXO II

COMPLEMENTO DE COMPENSACIÓN

VIXENCIA: 1-1-2000 Ó 31-12-2000

Categoría profesionalMensualAnual

Peón2.73238.248

Especialista2.76238.668

Mozo especialista almacén2.76238.668

Oficial de 1ª2.84039.760

Oficial de 2ª2.80639.284

Oficial de 3ª2.78038.920

Listeiro2.75238.528

Almaceneiro2.76638.724

Chófer camión2.80839.312

Garda xuramentado2.72438.136

Vixilante2.72238.108

Telefonista2.72038.080

Conserxe2.77838.892

Xefe 1ª administrativo3.09843.372

Xefe 2ª administrativo3.02242.308

Oficial 1ª administrativo2.89440.516

Oficial 2ª administrativo2.84439.816

Auxiliar administrativo2.75838.612

Viaxante2.92440.936

Enxeñerio, arquitecto, licenciado4.2647.964

Peritos, aparelladores, con responsabilidade técnica3.35847.012

Peritos aparelladores3.30846.312

Axudante enxeñeiro3.24845.472

Mestre industrial3.04442.616

Xefe de taller3.09043.260

Mestre de taller 1ª2.96241.468

Meestre de taller 2ª2.92040.880

Encargado2.84239.788

Delineante proxectista3.03842.532

Debuxante proxectista3.03842.532

Delineante 1ª2.91640.824

Delineante 2ª2.84439.816

Auxiliar2.74838.472

ANEXO III

COMPLEMENTO EX ANTIGÜIDADE POR CADA ANO DE SERVICIO ATA O 31-12-1998

VIXENCIA: 1-1-2000 Ó 31-12-2000

Categoría profesionalMensualAnual

Peón86212.068

Especialista86612.124

Mozo especialista almacén86612.124

Oficial de 1ª87412.236

Oficial de 2ª87012.180

Oficial de 3ª86712.138

Listeiro85011.900

Almaceneiro85912.026

Chófer camión86512.110

Garda xuramentado85411.956

Vixilante85411.956

Telefonista85311.942

Conserxe86012.040

Xefe 1ª administrativo89912.586

Xefe 2ª administrativo89012.460

Oficial 1ª administrativo87812.292

Oficial 2ª administrativo86912.166

Auxiliar administrativo85912.026

Viaxante87812.292

Enxeñeiro, arquitecto, licenciado93313.062

Peritos, aparelladores, con responsabilidade técnica92712.978

Peritos aparelladores92312.922

Axudante enxeñeiro91312.782

Mestre industrial88612.404

Xefe de taller89812.572

Mestre de taller 1ª88012.320

Mestre de taller 2ª87712.278

Encargado86812.152

Delineante proxectista89312.502

Debuxante proxectista89312.502

Delineante 1ª87812.292

Delineante 2ª86912.166

Auxiliar85611.984