Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.308

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio dunha ambulancia asistencial con base en Vigo.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias de Galicia-061, sita en Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, de 12 a 14 horas, ata o 8 de setembro de 2000 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, de 12 a 14 horas, desde o día 28 de agosto ata o 8 de setembro de 2000 (incluídos) ou no teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2000.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061