Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

Con data do 2-8-2000 foi aprobado pola comisión de goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de abastecemento e saneamento no Mosteiro e Pexeiros, o que se expón ó público na secretaría deste concello por prazo de 8 días hábiles, para que se poidan presenta-las reclamacións, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

Anúnciase, ademais, a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso por trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 14.630.500 ptas.

Fianza provisional: 292.610 ptas.

Fianza definitiva: 585.220 ptas.

Proposición: presentarase no rexistro de entrada do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para toma parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría deste concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte (agás sábados), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello dos Blancos.

Teléfono: 988 46 75 06. Fax: 988 46 75 98.

Os Blancos, 9 de agosto de 2000.

José Juan Puga Quintas

Alcalde