Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, do contrato das obras de construcción de 16 vivendas para xoves na zona vella de Vigo, provincia de Pontevedra. (Expediente PO-97/020).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción de 16 vivendas para mozos na zona vella de Vigo. Pontevedra.

b) Prazo de execución: 12 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento noventa e oito millóns cincocentas setenta e oito mil cento cincuenta e dúas (198.578.152) pesetas, IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupos: 2 e 4; categoría e.

6. Obtención de documentación.

-Copistería Copy Estudio.

Enderezo: rúa Nova de Abaixo 19-20 (Galerías). Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 59 33 85.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/auto/igvs/index.htm.

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Cen

tral, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11º) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo