Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO do nomeamento do tribunal para as probas de auxiliares administrativos do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 5 da Resolución do 7 de abril de 2000, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de tres auxiliares administrativos, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 28 de xullo de 2000, pola que se nomea o tribunal para as probas selectivas de auxiliares administrativos do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

A dita resolución está exposta no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultada, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http//www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable