Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/155-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Insua.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 905 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Luou-Igrexa e final no C.T. Insua, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Insua, do que parten redes de baixa tensión, unha aérea sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 880 m e outra subterránea en conductor R.V. de 160 m que conectan redes existentes. Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña