Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con trámite de urxencia, das obras CA-OUR-00.57 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Nº de expediente: CA-OUR-00.57, CA-OUR-00.58, CA-OUR-00.59 e CA-OUR-00.76.

2. Obxecto dos contratos.

a) Peonalización e renovación do firme na rúa Cruceiro. Ourense.

-Nº de expediente: CA-OUR-00.57.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Orzamento base de licitación: 12.658.948 ptas.

-Equivalente a: 76.081,810 euros.

-Clasificación: non se esixe.

-Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán de acredita-la súa solvencia económica e financeira e a súa solvencia técnica por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

De posuí-lo licitador as clasificacións do grupo G, subgrupo 3 e 6, categoría c, será eximido da presentación da solvencia económica e financieira e da solvencia técnica.

b) Renovación do pavimento e rede de sumidoiros na rúa Desengano. Ourense.

-Nº de expediente: CA-OUR-00.58.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Orzamento base de licitación: 16.790.468 ptas.

-Equivalente a: 100.912,745 euros.

-Clasificación: non se esixe.

-Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán de acredita-la súa solvencia económica e financeira e a súa solvencia técnica por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo G, subgrupo 6, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e finaceira e da solvencia técnica.

c) Execución de beirarrúas provisionais na rúa Tangaraño, entre a N-525 e Marcelo Macías. Ourense.

-Nº de expediente: CA-OUR-00.59.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Orzamento base de licitación: 20.464.940 ptas.

-Equivalente a: 122.996,767 euros.

-Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d, e grupo G, subgrupo 6, categoría d.

d) Ampliación, renovación de beirarrúas e rede de augua na rúa Xeneral Aranda. Ourense.

-Nº de expediente: CA-OUR-00.76.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Orzamento base de licitación: 21.743.241 ptas.

-Equivalente a: 130.679,510 euros.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentos e información:

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díaz, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 31071.

d) Teléfono: 988 38 62 36.

e) Telefax: 988 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 11 de agosto de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense