Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 8/2000, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección deste complexo hospitalario (edificios: Hospital Santa María Madre e Hospital de Día).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único, letra i), da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), sobre delegación de competencias, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público nº 8/2000.

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, 32005-Ourense.

a) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais. Unidade de Contratación (edificio administrativo, planta baixa), teléfono: 988 38 56 91, fax: 988 38 55 50.

2. Categoría do servicio e descrición:

a) Categoría do servicio: 14.

b) Descrición: contratación do servicio de limpeza e desinfección do Complexo Hospitalario de Ourense (edificios: Hospital Santa María Madre e Hospital de Día).

c) Orzamento máximo de licitación autorizado: 320.000.000 de pesetas, IVE incluído (1.923.238,73 euros), para o período total da execución do contrato.

3. Lugar de ejecución: Hospital Santa María Madre e Hospital de Día.

4.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: non, a licitación será á totalidade do servicio.

6. Variantes: non se admiten.

7. Prazo de execución: 2 anos, contados desde a sinatura do contrato.

8. Solicitude de documentación:

a) Entidade: véxase o punto 1.

Días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 15 de setembro de 2000.

9. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 3 de outubro de 2000 (9 h).

Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, Ourense.

10. Garantías esixidas: fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado; fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

11.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Clasificación económica: grupo III, subgrupo 6, categoría D.

14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de plicas.

15. Criterios de adxudicación: organización técnica: 3 puntos, medios persoais: 3 puntos, prezo: 3 puntos; melloras ó prego de prescricións técnicas: 1 punto.

16. Información complementaria:

Data límite de recepción das ofertas: 22 de setembro de 2000 (14 h).

Enderezo ó que se enviarán as ofertas: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro xeral (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga, 52, 32005-Ourense.

Linguas nas que se redactarán as ofertas: castelán ou galego.

Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

Anuncios: o pagamento dos anuncios será por conta do adxudicatario.

17. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 1 de agosto de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 18 de xullo de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense