Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para o outorgamento da concesión da nova lonxa do porto de Rianxo para a prestación do servicio de lonxa.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo concurso aberto para o outorgamento da concesión da nova lonxa do porto de Rianxo para a prestación do servicio de lonxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número do expediente: clave: 12-55-00-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Rianxo para a prestación do servicio de lonxa.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do día 25 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 19 de xuño de 2000.

b) Adxudicatario: Confraría de Pescadores Virxe do Carme, de Rianxo.

c) Nacionalidade: española.

5. Outras informacións. En cumprimento do disposto na vixente Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, faise pública esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso administrativo perante, á elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Non obstante poderase optar por interpor contra a presente resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 4/1999 citada anteriormente.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia