Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ós establecementos que no anexo I se mencionan as resolucións de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísiticas, en diante REAT.

Mediante visita da inspección, o Servicio de Inspección de Turismo dependente desta delegación comprobou que nos establecementos que a conti

nuación se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados no seu día.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade tal e como dispón o parágrafo primeiro do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, o Servicio Provincial de Turismo propón a revogación de autorización e a conseguinte cancelación no REAT.

Por todo o exposto, notifícaselles ós titulares dos establecementos referidos no dito anexo I que,se no prazo de dez días non presentan alegacións que xustifiquen o peche temporal ou a súa vontade efectiva de continuar coa actividade, se acordará de oficio a revogación da autorización e a cancelación da inscrición no REAT, todo isto ó abeiro do parágrafo segundo do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e do artigo 17.2º do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, pola que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pontevedra, 7 de xullo de 2000.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO I

Relación de cafeterías propostas para a baixa

DenominaciónSign.TitularEnderezoConcelloCP

BlancoC-PO-506Mª Pardellas RodríguezCuba, 5Vigo36201

Refugio del Viejo CondeC-PO-437Refugio del Viejo Conde, S.L.García Ollogui, 4Vigo36201

DornaC-PO-13Enrique Troncoso AmoedoMª Berdiales, 34Vigo36203

Relación de restaurantes propostostos para a baixa

DenominaciónSign.TitularEnderezoConcelloCP

SibarisR-PO-1391Camilo Pardo RodríguezGarcía Barbón, 166Vigo36201

CambadosR-PO-607Demetrio Soares AraújoM. Núñez, 29Vigo36203

MiñoR-PO-774José Cabaleiro PazNicaragua, 73Vigo36203

O PoteR-PO-451José Gesteiro SantosMª Berdiales, 38Vigo36203

LoureiroR-PO-103Mercedes Loureiro CastroSagasta, 2Pontecesures36640

PalitosR-PO-1238Antonio L. Rguez. VilaRamón Aller, 6Lalín36500

El Jardín de la
Cosecha AbundanteR-PO-2411Wanggiao WYR/B esquina KLalín36500

Mesón CastelaoR-PO-966Castelao Glez. VirgilioR/Xeneral Franco, 65Silleda36540

Abuelo LaboraR-PO-2382Pilar Vilanova AgroCruceiro, 2-A IllaVilanova de Aro

La PalmeraR-PO-2216La Palmera C.B.ParedesVilaboa36141