Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle para a fixación de aliñacións e tapado de medianeiras dun soar sito entre a avenida da Florida e a rúa José Mato (expediente 5961/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 15 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións interiores e tapado de madianeiras para un soar sito entre a avenida da Florida, 19 e a rúa José Mato, 4-6 (expediente 5961/411) presentado pola entidade Otero y López Promociones, S.L , redactado polo arquitecto José Herrero García e visado polo COAG con data do 19 de maio de 2000.

Sométese o dito expediente ó trámite de información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de xullo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo