Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000 pola que se anuncia o concurso para o saneamento e a pavimentación da rúa Mareca-Romaño.

Obxecto do contrato: a execución das obras de saneamento e pavimentación na rúa da Mareca-Romaño, de acordo co proxecto técnico integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Tipo de licitación: 17.191.863 ptas. (103.325,17 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de tres meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios) Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de condicións.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª....., veciño/a..... núm...... e DNI núm....., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, toma parte en nome propio (ou en representación de.....) na licitación contrato....., e xa que logo fai constar:

a) Ofrece o prezo de..... (en letras e números)..... ptas., o que supón unha baixa de..... (en letra e número)..... ptas. con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñece e acepta tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Que achega toda a documentación esixida no prego de condicións.

Santiago de Compostela, ..... de..... de 2000.

O licitador. (Asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.

P.D.

Luis Tojo Ramallo

Tenente alcalde