Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2812; XG-305, Boiro-Seán-Cespón, con anexos, por substitución da concesión V-2812; XG-305, entre Boiro e Cespón, por Abanqueiro, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 2 de xuño de 2000 resol

veu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autos Ramón Outeiral, S.L., a concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2812; XG-305, Boiro-Seán-Cespón, con anexos, por substitución da concesión V-2812; XG-305, entre Boiro e Cespón, por Abanqueiro, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

Itinerarios e puntos de parada.

-Boiro, San, Berres, Seán, cruzamento Exipto, Cerámica Las Pirámides, Budión, Ferreiros, Pazos, igrexa de Cespón e Cespón.

-Seán, Cestelo, Triñáns, Abanqueiro e cruzamento Exipto.

-Berres, Saltiño e Cestelo.

-Boiro e Espiñeira.

-Igrexa de Cespón e Neixón.

Prohibicións de trafico.

-De Saltiño para o tramo Boiro-Espiñeira e viceversa.

Expedicións e calendario.

Boiro-San-Berres-Seán-cruzamento Exipto-Abanqueiro-cruzamento Exipto-Cerámica Las Pirámides-Budión-Ferreiros-Pazos-igrexa de Cespón-Cespón (9 km).

-Dúas expedicións de ida de luns a sábados laborables.

-Unha expedición de ida e dúas de volta os domingos e festivos.

Boiro-San-Berres-Seán-Cestelo-Trinanes-Abanqueiro-cruzamento Exipto-Cerámica Las Pirámides-Budión-Ferreiros-Pazos-igrexa de Cespón-Cespón-igrexa de Cespón-Neixón (Nine) (14,1 km).

-Dúas expedicións de ida de luns a sábados laborables.

-Unha expedición de ida os domingos e festivos.

Boiro-San-Berres-Seán-cruzamento Exipto-Seán-Cestelo-Triñáns-Abanqueiro-cruzamento Exipto-Seán-Berres-San-Boiro (8,2 km.)

-Unha expedición de ida de luns a sábados laborables.

Boiro-San-Berres-Seán-cruzamento Exipto-Seán-Cestelo-Abanqueiro-cruzamento Exipto-Cerámica Las Pirámides-Budión-Ferreiros-Pazos-igrexa de Cespón-Neixón (Nine) (12,3 km).

-Unha expedición de ida os martes laborables.

Boiro-San-Berres-Seán-cruzamento Exipto-Abanqueiro-cruzamento Exipto-Cerámica Las Pirámides-Budión-Ferreiros-Pazos-igrexa de Cespón-Cespón-igrexa de Cespón-Neixón (Nine) (12,1 km).

-Unha expedición de ida de luns a sábados laborables.

Espiñeira-Boiro-San-Berres-Seán-cruzamento Exipto-Seán Cestelo-Triñáns-Abanqueiro-cruzamento Exipto-Cerámica Las Pirámides-Budión-Ferreiros-Pazos-igrexa de Cespón-Neixón (Nine)-igrexa de Cespón-Cespón (25,9 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres lectivos.

-Unha expedición de ida os martes lectivos.

Cespón-igrexa de Cespón-Neixón (Nine)-igrexa de Cespón-Pazos-Ferreiros-Budión-Cerámica Las Pirámides-cruzamento Exipto-Abanqueiro-Triñáns-Cestelo-Saltiño-Berres-San-Boiro-Espiñeira (17,5 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres lectivos.

-Unha expedición de ida os martes lectivos.

Cespón-igrexa de Cespón-Neixón (Nine)-igrexa de Cespón-Pazos-Ferreiros-Budión-Cerámica Las Pirámides-cruzamento Exipto-Abanqueiro-Triñáns-Cestelo-Saltiño-Berres-San-Boiro (16 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables que non sexan lectivos.

-Dúas expedicións de ida de luns a sábados laborables.

Cespón-igrexa de Cespón-Neixón (Nine)-igrexa de Cespón-Pazos-Ferreiros-Budión-Cerámica Las Pirámides-cruzamento Exipto-Abanqueiro-Triñáns-Cestelo-Seán-Berres-San-Boiro (15,2 km).

-Unha expedición de ida de luns a sábados laborables.

-Unha expedición de ida os sábados laborables.

Cespón-igrexa de Cespón-Neixón (Nine)-igrexa de Cespón-Pazos-Ferreiros-Budión-Cerámica Las Pirámides-cruzamento Exipto-Abanqueiro-cruzamento Exipto-Seán-Berres-San-Boiro (13,2 km).

-Unha expedición de ida de luns a sábados laborables.

Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,76 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,4432 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,464 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderáse interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes