Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000 pola que se autoriza o cambio de localización da batea denominada Marpesa XXIX.

Visto o escrito presentado por Miguel A. Rosales González, con DNI nº 35.305.957, actuando en nome e representación da entidade Mariscos Ría de Vigo, S.L., polo que solicita cambio de localización da batea Marpesa XXIX.

Tendo en conta os informes emitidos polo sector, e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme o artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-lo cambio de localización do seguinte establecemento:

Viveiro denominado: Marpesa XXIX.

Titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (CIF: B-36.783.579).

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 14-11-2004.

Localización anterior: polígono Baiona A, cuadrícula nº 12.

Nova localización: Polígono Baiona A, cuadrícula nº 15.

Baixo as seguintes condicións:

1. O traslado da batea á nova localización contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

2. O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contando desde a publicación da presente resolución.

3. A data do fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente á delegación territorial desta consellería en Vigo, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

4. A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán intepoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura