Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de xullo de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da proposta de expediente sancionador PESAN1 2000/48-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas de expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para presentaren ante a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra en Vigo as alegacións que consideren pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada delegación, sita na r/ Palma, nº 4, Vigo.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000048-5.

Denunciado: Fernando Piñeiro García.

DNI: 52.493.117-X.

Enderezo: Manuel de Castro, 2, 4º B, Vigo.

Vigo, 7 de xullo de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo