Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 6 de xullo de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01776-O-1999 e PO-02334-O-1999).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do

10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta rextrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 6 de xullo de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01776-O-1999

PO-2257-BM

G.C. Tráfico

José Luis Pérez López

Rúa do Faisán, 1-1º B, 36205 Vigo (Pontevedra)

Transportar prensa carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público; 24-8-1999; 11.13.53; C-531; 4,100199 b) do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
PO-02334-O-1999

C-6394-BH

G.C. Tráfico

Gilerto Morales Baluja

Pastoriza, 2, Santiago de Compostela (A Coruña)

Circular realizando un transporte público de mercadorías, carecendo da correspondente tarxeta de transportes. Ostenta distintivos público ámbito nacional. Servicio público; 29-10-1999; 3.50.04; N-525; 310199 b) do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.