Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2000 pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de adecuación da carballeira de San Ramón, termo municipal de Moeche.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 25 de febreiro de 1999, o Concello de Moeche aprobou o correspondente proxecto de trazado.

Por Decreto 192/2000, do 6 de xullo, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e así

mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Moeche, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de que se trasladen ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Moeche.

Local: Casa do Concello de Moeche.

Día 14 de setembro de 2000.

Ás 10 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este concello, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola ausente ocupación.

Moeche, 1 de agosto de 2000.

Julio Cribeiro García

Alcalde