Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 4 de agosto de 2000 referente á convocatoria de concurso de méritos para cubrir un posto de traballo de persoal laboral fixo.

O alcalde, por resolucións do 21 de decembro de 1999 e do 1 de agosto de 2000, aprobou o sistema de selección, as bases e a convocatoria para a provisión, con carácter definitivo, do seguinte posto de

traballo vacante neste concello (oferta de emprego para o ano 1999, BOE nº 52, do 2 de marzo de 1999).

Persoal laboral:

Posto: técnico en desenvolvemento económico e social.

Publicación íntegra das bases e da convocatoria: BOP de Lugo, nº 178, do 4 de agosto de 2000.

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de edictos deste concello.

Begonte, 4 de agosto de 2000.

José Pena Rábade

Alcalde