Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de xullo de 2000 pola que se autoriza a transmisión intervivos da concesión do viveiro Enrique Martínez número 1.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Enrique Martínez nº 1, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 5-11-1999, Valentín Segade Segade no nome e representación de Valentín Segade Segade y Carmen Sierra Rodríguez, solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Enrique Martínez nº 1.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión intervivos, a favor de Valentín Segade Segade, Carmen Sieira Rodríguez e Valentín Segade Sieira (DNI/NIF: 76.450.370-A, 76.486.787-B, 52.932.898-P, respectivamente), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Enrique Martínez nº 1.

Localización: Ribeira C, cuadrícula 5.

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 23-4-1971 ratificada o 23-12-1988 (BOE/DOG nº 36, do 21 de febreiro).

Remate vixencia: 28-5-2002.

Actual titular: Valentín Segade Segade e Carmen Sieira Rodríguez (DNI/NIF: 76.503.70-A e 76.486.787-B, respectivamente).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, previa comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de xullo de 2000.

P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de junio)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña