Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das asistencias técnicas que se citan. (Clave 02117001 e seis máis).

A Delegación de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en Pontevedra anuncia a contratación mediante concurso, procedemento aberto, tramitación urxente, das asistencias técnicas seguintes:

1. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios e bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Codeseda (A Estrada-Pontevedra).

-Clave: 02117001.

-Orzamento: 30.562.360 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas. Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 1.222.494 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1 e 4.

2. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios e bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Arca (A Estrada-Pontevedra).

-Clave: 02117002.

-Orzamento: 9.171.277 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas. Provisional: 2%, 183.426 ptas. (exenta si la empresa está clasificada en el grupo A, subgrupos 1 y 4).

Definitiva (4%): 366.851 ptas.

-Clasificación do contratista: non e necesaria.

3. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios e bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Meavía-Quintillán (Forcarei-Pontevedra).

-Clave: 02118003.

-Orzamento: 48.290.588 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas. Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 1.931.624 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1 e 4.

4. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios e bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Duxame-Insua-Portodemouros (Vila de Cruces-Pontevedra).

-Clave: 02159004.

-Orzamento: 22.497.209 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas. Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 899.888 ptas.

-Clasificación do contratista. Categoría: A, grupo: I, subgrupo: 1 e 4.

5. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios e bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Losón (Lalín-Pontevedra).

-Clave: 02124005.

-Orzamento: 18.340.143 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas. Provisional: 2%, 366.803 ptas. (exenta se a empresa está clasificada no grupo I, subgrupo 1 e 4).

Definitiva (4%): 733.606 ptas.

-Clasificación do contratista: non é necesaria.

6. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios e bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Briallos (Portas-Pontevedra).

-Clave: 02140006.

-Orzamento: 14.506.346 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas. Provisional: 2%, 290.127 ptas. (exenta se a empresa está clasificada no grupo I, subgrupos 1 e 4).

Definitiva (4%): 580.254 ptas.

-Clasificación do contratista: non é necesaria.

7. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración do levantamento fotogramétrico, ortofotos color e levantamento por topografía clásica dos planos parcelarios e bases provisionais de concentración parcelaria na zona de San Martiño de Meis-A Armenteira (Meis-Pontevedra).

-Clave: 02128007.

-Orzamento: 38.911.690 ptas.

-Prazo de execución: 24 meses.

-Fianzas esixidas. Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 1.556.468 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1 e 4.

-Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, no Servicio de Estructuras Rurais desta delegación, sitos na rúa Benito Corbal 47, de Pontevedra.

-Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Estructuras Rurais desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, no prazo de admisión, que rematará ás doce horas do décimo terceiro día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do quinto día hábil que non cadre en sábado, a partir do último día de presentación de proposicións, nas oficinas desta delegación provincial.

-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

-Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio correrá por conta dos respectivos adxudicatarios.

Pontevedra, 1 de agosto de 2000.

P.A. (D. 69/1999 do 18 de marzo, DOG nº 62)

Ana Ortiz Álvarez

Secretaria provincial de Pontevedra