Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00147-O-2000 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte o da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá o non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo), e de non face-lo así procederase o seu cobramento pola vía de apremio segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste, sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo

59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-00147-O-2000

OR-1150-G

G.C. Tráfico

Ttes Casares, S.L.

Lamas, s/n, 32630 Xinzo de Limia (Ourense)

Realizar un transporte de fertilizante carecendo de tarxeta de transportes, desde o alto do Furriolo a Xinzo de Limia. Servicio público; 2-11-1999; 19.30; C-531; 13Artigo 90 da Lei 16/1987 e 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.

Precintado do vehículo

PO-02001-O-1999

SS-5341-T

G.C. Tráfico

Adersa Vigo, S.L.

Areal-Estación FF.CC., Guixar, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra)

Transportar paquetería en contedor, carecendo de tarxeta de transportes. Arrastra semirremolque matrícula M-08291-R da titularidade de Ritrasa Rivero Transportes, S.A. Servicio público; 6-8-1999; 20.15.31; N-550; 142Artigo 90 da Lei 16/1987 e 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.

Precintado do vehículo

PO-02213-O-1999

PO-8458-AM

G.C. Tráfico

Gestión Logística de Vehículos, S.L.

Orense, 67, 2820 Madrid

Efectuar un transporte público de mercadorías, carecendo de tarxeta de transportes. Arrastra semirremolque matrícula M-10574-R da titularidade de Adersa Vigo, S.L. Servicio público; 31-8-1999; 9.30; A-9; 155,500Artigo 90 da Lei 16/1987 e 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.

Precintado do vehículo