Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se adxudican as bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior correspondentes ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocadas por Orde do 22 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño).

A orde conxunta da Consellería de Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 22 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño) reabre o prazo de presentación de solicitudes de dúas bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior convocadas no anexo V da Orde do 6 de marzo de 2000.

Na base 7 do anexo V da mencionada orde de convocatoria, determinábase que a avaliación das solicitudes sería efectuada por unha comisión que será designada polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

RESOLVEN:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas segundo as especialidades ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo I desta resolución, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación procederán, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicarlle-la dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo II da presente resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo II.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 6 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de repo

sición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de compostela, 20 de xullo de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Bolsas de formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior.

Adxudicatarios:

Bolsas para T.S. en administración de sistemas informáticos ou T.S. en desenvolvemento de aplicacións informáticas.-José Álvarez Vázquez (36149756N).

Bolsas para T.E. análises e procesos básicos.-Irene Barrientos González (76364281A).

ANEXO II

Bolsas de formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior.

Suplentes:

Bolsas para T.S. en administración de sistemas informáticos ou T.S. en desenvolvemento de aplicacións informáticas.-1 Juan Luis Miguens Ramos (35462659V).-2 José María Rey Caramés (44083652N).-3 Alcira García Coya (78735799Z).-4 Verónica García González (354653695J).

Bolsa para T.E. análises e procesos básicos.-1 Ana Catalina Iglesias Rivas (844085667A).-2 Columba Bello Bugallo (44813524W).