Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno en sesión do 27 de xullo de 2000, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual das NNSS de planeamento municipal redactado polo arquitecto colaborador municipal no que se refire exclusivamente a nova redacción do artigo 45 da normativa e a regulación do uso garaxe-aparcamento contido nas ordenanzas 2ª residencial pegada en ringleira, 3ª residencial unifamiliar mixta, 4ª residencial unifamiliar illada,

5ª solo urbano de núcleo rural, 6ª solo urbano terciario, ordenanza do solo non urbanizable de núcleo rural e ordenanza do sector A do polígono industrial; así como a nova redacción de artigo 71 da normativa.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG e comunicalo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo.

San Cibrao das Viñas, 1 de agosto de 2000.

José Méndez Grande

Alcalde en funcións