Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 7 de xullo de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que deberán rexer para a contratación mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente, para a adquisición dun vehículo para obras e servicios do Concello de Bergondo, polo que se expoñen ó público na secretaría xeral do concello, polo prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no DOG e BOP, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de se formularen reclamacións contra os pregos arriba referenciados.

Tipo de licitación: 6.000.000 de ptas.

Lugar e prazo de entrega: Concello de Bergondo, no prazo de trinta días desde a notificación de adxudicación.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.

Apertura de plicas: o terceiro día hábil seguinte (agás sábado) ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas na casa consistorial.

Proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte día ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Lugar e presentación: rexistro xeral do concello, de 9.30 a 13.30 horas.

Documentación que se presentará: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares que está exposto na secretaría deste concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 28 de xullo de 2000.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente