Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración consistente na adquisición de mobiliario para as novas oficinas dos servicios centrais do organismo autónomo Augas de Galicia.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades conferidas pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, acordou dar publicidade á adxudicación do concurso seguinte:

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo Augas de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario para as novas oficinas dos servicios centrais.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 102, do 26 de maio de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado: vintetrés millóns duascentas mil (23.200.000) pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 3 de xullo de 2000.

b) Contratista: Cosmobel, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: dezanove millóns cincocentas trinta e oito mil seiscentas setenta e nove (19.538.679) pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia