Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun servicio externo co fin de implementa-lo novo sistema informático de xestión da formación profesional ocupacional (Sifo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 30/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dun servicio externo para implementa-lo novo sistema informático de xestión da formación profesional ocupacional (Sifo).

b) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 29.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento. (1.160.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

b) Domicilio: San Caetano s/n (teléfono: 981 54 54 00).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15079.

d) Teléfono: información 981 54 46 92-981 54 56 75.

e) Fax: 981 54 46 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: ás 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 8 de setembro de 2000.

e) Hora: 12 h.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventuda