Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.891

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, listas A1 e A2, das materias de bioloxía pesqueira; cultivos mariños; debuxo técnico; física; formación e orientación laboral; formación humanística; inglés marítimo; lingua e literatura galega; matemáticas e navegación e meteoroloxía, de conformidade co punto terceiro da Resolución do 23 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 4 de xullo).

Publicada a Resolución do 23 de xuño de 2000 (DOG nº 129 do 4 de xullo) relativa á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, correspondentes ó punto A do artigo 12 do devandito decreto, das materias de bioloxía pesqueira; cultivos mariños; debuxo técnico; física; formación e orientación laboral; formación humanística; ingles marítimo; lingua e literatura galega; matemáticas; e navegación e meteoroloxía, e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na

correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de profesores

numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, listas A1 e A2, das materias de bioloxía pesqueira; cultivos mariños; debuxo técnico; física; formación e orientación laboral; formación humanística; ingles marítimo; lingua e literatura galega; matemáticas; e navegación e meteoroloxía, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos das listas.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas con base na convocatoria de 10 de novembro de 1994 (DOG nº 222, do 18 de novembro) correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública