Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LAMA

ANUNCIO.

1. Entidade adxuducadora.

Organismo: Concello da Lama. Dependencia: Secretaría. Nº de expediente: 10-PPC/2000.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: iluminación pública en Covelo, Verducido, A Barcia, A Lama. División por lotes e número: non. Lugar de execución: Covelo, Verducido, A Barcia, A Lama. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: normal. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2 por cento do orzamanto base. Definitiva: 4 por cento do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, 1-A Lama, C.P. 36830. Teléfonos: 986 76 82 38-986 76 80 36. Fax: 986 76 82 82.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económico-financeira e técnica por calquera das formas previstas nos artigos 16 ó 19 da LCAP.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: o indicado no punto 6.

O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses a partir da apertura das proposicións.

9. Apertura das proposicións.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, nº 1-A Lama.

Data: quinto día hábil seguinte, agás sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Hora: 12 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Os sinalados na cláusula 2ª do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Lama, 11 de xullo de 2000.

Jorge Canda Martínez

Alcalde