Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2000 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de recuperación das marxes do río Arteixo, treito: avenida de Fisterra-límite do polígono, Arteixo (A Coruña).

Por resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 14 de xullo de 2000, aprobouse tecnicamente o proxecto de recuperación das marxes do río Arteixo. Treito: avenida Fisterra-límite do polígono. Arteixo (A Coruña).

Consecuentemente, e para os efectos do previsto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, sométese a información pública o estudio de efectos ambientais do devandito proxecto durante un período de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examinalo, en horas hábiles de oficina nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza Camilo Díaz Valiño, s/n), na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña, (praza Luis Seoane, s/n), así como no Concello de Arteixo.

De considera-lo oportuno, as mencionadas persoas poderán formular cantas observacións estimen pertinentes, dirixidas á Presidencia de Augas de Galicia durante o período de exposición pública.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia