Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xullo de 2000, polo que se lles denega a declaración de municipios turísticos galegos ós concellos de Arnoia, Boborás, Castro Caldelas, Esgos, Parada de Sil, Maceda, Montederramo, Muíños e Xunqueira de Espadanedo.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 13 de xullo de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Denega-la declaración de municipios turísticos galegos ós concellos de Arnoia, Boborás, Castro Caldelas, Esgos, Parada de Sil, Maceda, Montederramo, Muíños e Xunqueira de Espadanedo, pertencentes á provincia de Ourense, de acordo co disposto no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.

En cumprimento de disposto no citado artigo, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo