Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa, con procedemento aberto, para a contratación da cuarta fase da anualidade de 1999 do Plan 2000 Infraestructuras.

1. Obxecto: a poxa ten por obxecto a contratación da 4ª fase da anualidade de 1999 do Plan 2000 Infraestructuras que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación das 9 ás 13 horas dentro do prazo dos trece días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de agosto de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

4ª fase da anualidade de 1999 do Plan 2000 Infraestructuras.

Denominación obra

Lugar de execución

Orzamento (anualidades) da

obra que se vai dirixir

Prazo

execución da obra que se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Negreira

Travesías en Landeira e outras15.487.259 ptas.Ano 199815.487.259 ptas.93.080,30 euros

93.080,30 eurosAno 2000

Ano 2001

Ano 2002

Ano 2003

Tres mesesNon se esixeNon se esixe4% do prezo de adxudicación