Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, do día 12 de xullo de 2000, aprobouse inicialmente o prego de condicións técnicas e económico-administrativas e a contración por concurso para a acobertura de riscos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do Concello de Lugo.

Simultaneamente e de conformidade coa lexislación vixente, anúnciase a licitación, polo prazo de oito días, se ben esta se aprazaría no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

-Cobertura das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais (invalidez, morte e supervivencia).

-Cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns de acordo co previsto na lexislación vixente, de todo o persoal laboral e funcionario de novo ingreso, así como e por requirimento do concello do persoal funcionario integrado.

b) Prazo de duración (meses): un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Sinálase como prezo máximo do contrato o establecido para a cotización deste tipo de continxencias na Orde do 27 de xaniro de 1997 do Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

5. Garantías.

Provisional: 1.200.000 pesetas.

Definitiva: 2.400.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de conducións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden covenientes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: ó seguinte día hábil, excepto sábado posterior ó prazo de finalización de proposicións. O dito prazo será ampliado ata o décimo primeiro día no supuesto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

9. Outras informaicóns: as que se recollen no prego de condicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 26 de xullo de 2000.

José Antonio Mourelle Cillero

Secretario en funcións

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área