A Comisión de Goberno, en sesión do 7 de xullo de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas e de prescicións técnicas que deberán rexer para a contratación mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente, para a adxudicación dos traballos de asistencia técnica consistentes na execución de cartografia do Concello de Bergondo, polo que se expoñen ó público na secretaría xeral do concello, polo prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no DOG e BOP, para que se poidan presentar reclamacións.
Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de se formularen reclamacións contra os pregos arriba referenciados.
Tipo de licitación: 13.500.000 pesetas.
Prazo de execución: 4 meses a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.
Fianza provisional: non se esixe.
Fianza definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.
Apertura de plicas: o terceiro día hábil seguinte (agás sábado) ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas na casa consistorial.
Proposicións:
Prazo de presentación de proposicións: trece días naturais, contados desde o seguinte día ó da derra
deira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.
Lugar de prazo de presentaicón: rexistro xeral do concello, de 9.30 a 13.30 horas.
Documentación que se presentará: a esixida nas cláusulas 2.2.5.1, 2.2.5.2 e 2.2.5.3 do prego de cláusulas administrativas, que está exposto na secretaría do concello.
Tódolos anuncios correrán por conta do adxudicatario.
Bergondo, 28 de xullo de 2000.
José Fernández Ramos
Alcalde-presidente