Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a edición e impresión de diverso material gráfico para o Programa galego de detección precoz do cancro de mama (C-305/2000).

1. Obxecto e orzamento: edición e impresión de diverso material gráfico para el Programa gallego de detec

ción precoz do cancro de mama, por un importe máximo de doce millóns cincocentas mil pesetas (12.500.000 ptas., IVE incluído), (75.126,51 euros).

2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución: ver punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Criterios de adxudicación: ver punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2000.

P.O. (Resolución 20-7-2000)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais