Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos, polo procedemento aberto, para a subministración de roupas, panos e vestiario de persoal e enfermos para o Hospital Abente y Lago e a subministración dun aspirador ultrasónico para o Hospital Juan Canalejo (C.P. 55, 56 e 152/2000).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa

prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Nº referencia expediente: C.P. 55/2000.

Obxecto: subministración de roupas e panos Hospital Abente e Lago.

Lote nº 1: funda almofada branca 110x42 cm.

Lote nº 2: saba branca 270x160 cm.

Lote nº 3: colcha branca de cama 260x160 cm.

Lote nº 4: pano verde quirófano 100x100 cm.

Lote nº 5: toalla lavabo 90x60 cm.

Lote nº 6: toalla branca baño 150x100 cm.

Lote nº 7: toalla azul marino lavabo 90x60 cm.

Lote nº 8: saba verde 240x160 aberta 80 cm.

Lote nº 9: saba verde 240x160 pechada.

Lote nº 10: funda de colchón 190x90x20 cm.

Lote nº 11: almofada 90 cm.

Lote nº 12: sabanilla urxencias 230x115 cm.

Lote nº 13: manta cameira 250x140 cm.

Orzamento: 7.925.650 ptas. (47.634,11 euros).

Nº referencia expediente: C.P. 56/2000.

Obxecto: subministración de vestiario de persoal e enfermos Hospital Abente e Lago.

Lote nº 1: bata verde quirófano.

Lote nº 2: pixama verde quirófano.

Lote nº 3: camisón aberto.

Lote nº 4: pixama enfermo.

Lote nº 5: pixama branco.

Lote nº 6: bata branca.

Lote nº 7: bata branca hostalería.

Lote nº 8: traxe faena mantemento.

Lote nº 9: zapato branco.

Lote nº 10: zapato seguridade mantemento.

Lote nº 11: calcetíns brancos.

Orzamento: 4.125.000 ptas. (24.791,74 euros).

Nº referencia expediente: C.P. 152/2000.

Obxecto: subministración de aspirador ultrasónico-Plan de necesidades 2000 Hospital Juan Canalejo.

Lote único: aspirador ultrasónico cirúrxico.

Orzamento: 10.000.000 de ptas. (60.101,21 euros).

Garantía provisional: o 2% do importe de licitación de cada lote.

I. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministración.

II. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na Sala de Xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: Os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 26 de xullo de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións do director xerente