O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 16/2000, do 22 de xuño, declarou a concreta utilidade pública e urxente ocupación dos terreos e bens necesarios para a execución do proxecto de ramal de gas do Complexo Ambiental de Cerceda e, igualmente, a prevalente utilidade pública do devandito proxecto sobre a execución da concentración parcelaria da zona de San Pedro de Ardemil (Ordes-A Coruña).
No levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos, de acordo coa Resolución do 3 de xullo de 2000, observouse polas manifestacións presentadas e polo replanteo sobre o terreo, un erro na determinación de predios e titulares comprendidos entre os vértices dezasete a dezanove do
proxecto, polo que procede desafecta-los bens indicados na relación publicada, sinalar correctamente neste tramo os predios e os titulares afectados, e así mesmo fixa-las datas para o levantamento das actas previas á ocupación.
Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e 56 e seguintes do seu regulamento,
RESOLVO:
Primeiro.-Desafecta-los predios números 88, 89, 92, 94, 95, 97, 98, 99, 109, 110, 115, 117, 117/1 e 119 comprendidas, na relación definitiva de bens e dereitos afectados, entre os vértices dezasete a dezanove na expropiación forzosa pola execución do proxecto de ramal de gas do Complexo Ambiental de Cerceda.
Segundo.-Afecta-los predios que figuran, coa indicación dos seus titulares, na relación anexa, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello de Ordes e na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, sita na rúa dos Feáns nº 7, portal C, Santiago de Compostela, para que comparezan no lugar, data e hora que a continuación se detalla para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.
Lugar: Concello de Ordes, avda. Alfonso Senra s/n. Ordes. (A Coruña).
Data: día 24 de agosto de 2000.
Hora: a partir das 9 horas, desde o predio nº 89/ 1 ata o nº 96. A partir das 10 horas, desde o predio nº 97/1 ata o nº 109/2. A partir das 11 horas, desde o predio nº 109/3 ata o nº 115/1. A partir das 12 horas, desde o predio nº 115/2 ata o nº 119/3.
Terceiro.-Ó devandito acto deberán asisti-los titulares afectados, persoalmente ou ben por persoas debidamente autorizadas para actuaren no seu nome, presentando os documentos acreditativos de súa titularidade, documento nacional de identidade e, en caso de representación, poder suficiente, podendo acompañarse pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.
Cuarto.-Advírteselle ós interesados afectados, ós que se notificará individualmente o día, a hora e o lugar sinalados para o levantamento das actas previas, que poderán formular alegacións por escrito ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, sita na rúa dos Feáns nº 7, portal C, Santiago de Compostela, ata o momento do levantamento das actas
previas, para os efectos de corrixi-los erros que se puideran producir en relación ós bens ou dereitos indicados.
Quinto.-O levantamento de actas poderase continuar en días e horarios posteriores, se fore preciso, sen necesidade de repeti-las citacións; abondará,
para tal efecto, o anuncio verbal efectuado con ocasión do levantamento das últimas actas que se expidan.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.
Francisco Pan Montojo
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Ramal de subministración a Sogama (tramo vértice 17 a 19).
Provincia: A Coruña.
Concello: Ordes.
permanente permanente temporal
Predios Propietarios Expropiación
Servidume
Servidume
Ocupación
Nº Paraxe Cultivo Nome e apelidos Domicilio ml m m
Pequeno
Pequeno
Pequeno
Pequeno
Pequeno
da Capela
da Capela
da Capela
Rpta. Hilario Gómez
89/1 Trobe
Monte Luis Gestal Prego Raposeiras-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 47 150 235
89/2 Trobe
Monte Luis Gestal Prego Raposeiras-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 14 50 125
91/1 Trobe
Monte Adelaida Celsa Ramos Vázquez Mesón do Vento-15689 Ordes (A Coruña) 56 200 560
91/2 Trobe
Monte José Orgeira Louro Mesón do Vento-15689 Ordes (A Coruña) 5 - - 40
91/3 Trobe
Monte Adelaida Celsa Ramos Vázquez Mesón do Vento-15689 Ordes (A Coruña) 10 - - 15
94 Capela Monte Antonio Sánchez Bestilleiro A Brea-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 7 25 50
95/1 Capela Monte Antonio Sánchez Bestilleiro A Brea-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 45 150 350
95/2 Capela Monte Baldomero Pena Sande Seavia-15147 Coristanco (A Coruña) 10 30 300
96 Capela Monte Descoñecido 2 8 20
97/1 Capela Monte José Candal Noya Adina Vella-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 15 50 37
97/2 Capela Monte José Candal Noya Adina Vella-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 19 76 120
97/3 Capela Monte Leonardo Castro Gómez Mesón do Vento-15689 Ordes (A Coruña) 20 75 240
98 Capela Monte Leonardo Castro Gómez Mesón do Vento-15689 Ordes (A Coruña) 36 130 400
108 Capela Monte Descoñecido - 2 8 20
109/1 Detrás
Monte Leonardo Castro Gómez Mesón do Vento-15689 Ordes (A Coruña) 30 120 275
109/2 Detrás
Monte Antonio Rodríguez Romai Fruxil-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 19 - - 160
109/3 Detrás
Monte José Luis Couto Fariña As Pombas-Buscás-15689 Ordes (A Coruña) 19 - - 160
110 Bulleiro Monte José Luis Couto Fariña As Pombas-Buscás-15689 Ordes (A Coruña) 25 95 65
111/1 Bulleiro Monte Antonio Candal Candal Orellán-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 10 - - 70
111/2 Bulleiro Monte Adelaida Celsa Ramos Vázquez Mesón do Vento-15689 Ordes (A Coruña) 29 100 125
111/3 Bulleiro Monte Antonio Candal Candal Orellán-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) - - - - 10
111/4 Bulleiro Monte Antonio Candal Candal Orellán-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 3 10 154
115/1 Bulleiro Monte Gerardo Gómez Pardo A Cabra-Sumio-15184 Carral (A Coruña) 26 98 200
115/2 Bulleiro Monte José Luis Castro Gómez R/ El Bosque nº 6-Vilaboa-15174 Culleredo (A Coruña) 22 88 220
115/3 Bulleiro Monte María del Carmen Castro Gómez Canedo-Veira-15183 Carral (A Coruña) 9 36 90
115/4 Bulleiro Monte Hros. Antonio Gomez de la Iglesia
Finca Xesteira 15175 Carral (A Coruña) 22 88 190
115/5 Bulleiro Monte Josefina Castro Gómez Canedo-Veira-15183 Carral (A Coruña) 24 96 50
117 Bulleiro Monte Antonio Candal Candal Orellán-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 10 20 300
119/1 Bulleiro Monte Carlos Romai Botana Balbís-Sumio-15687 Carral (A Coruña) 60 240 600
119/2 Bulleiro Monte Ramón Candal Sánchez Merelle-15689 Ordes (A Coruña) 33 132 150
119/3 Bulleiro Monte José Manuel Muiño Rebón Moscoso-Ardemil-15689 Ordes (A Coruña) 3 25 25