Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que se somete a información pública o proxecto sectorial do observatorio astronómico de monte Faro.

En cumprimento do disposto polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de xullo de 2000 e vistos os artigos 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e 13.2º do Decreto 80/2000, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial do observatorio astronómico de monte Faro polo prazo dun mes durante o que calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo sitas nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e presenta-las alegacións, documentos e xustificacións que coide pertinentes.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo