Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO da licitación dun expediente de contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: acceso ós núcleos de poboación de Outeiro e Tombo (Vilaboa).

b) Lugar de execución: Outeiro e Tombo (Vilaboa).

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 8.594.528 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 171.891 ptas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): non se require.

b) Outros requisitos: artigo 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG (última publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 12 do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

9. Apertura das ofertas:

O terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil, ás 12 horas).

10. Outras informacións:

a) Criterios de adxudicación do concurso:

1-Melloras no proxecto técnico, que poderán consistir na mellora das condicións funcionais, que resulten de utilidade para os usuarios dos servicios: de 0 a 20 puntos.

2-Mellora da calidade dos materiais descritos no proxecto, ou noutras modificacións que representen un aumento da calidade final do proxecto executado: de 0 a 15 puntos.

3-Proposta de reducción de prazos de execución: de 0 a 10 puntos.

4-Programa de control interno de calidade: de 0 a 5 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 20 de xullo de 2000.

O alcalde

Rubricado