Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-79/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 2 de xuño de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-79/2000.

Denunciado: Juan Bautista Novelle Novoa (DNI 34.122.011).

Ultimo enderezo coñecido: r/ Ponte da Virxe, nº 5, Monforte de Lemos (Lugo).

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana en día inhábil (luns), sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor. Feitos constatados o día 17-4-2000, ás 16.20 h no río Sil, Nocedo. Quiroga. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º; 34.6º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 75.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano e seis meses.