Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución dos estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Localidad de Rodeiro (O.A.P. Rodeiro).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Localidad de Rodeiro (O.A.P. Rodeiro), que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: tódolos comerciantes e empresarios que realicen un traballo por conta propia e exerzan a súa actividade no ámbito territorial descrito.

Asinan a acta de constitución : Ricardo Porto Calvo e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, sete de xullo de dous mil.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra