En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Criminalistas y Peritos Judiciales de Galicia (Acrijuga) que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas con capacidade de obrar, que traballen no eido da criminalística e/ou da pericia xudicial.
Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Alonso Rebollo, Amparo Abal Framil, Ana Belén Leirós Rodríguez, José Antonio Rodríguez Pérez e Francisco Javier Alonso Fernández.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais