Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Santa Mariña-Raposeira.
Situación: Ferrol.
Descricións técnicas: paso de aérea a subterránea da L.M.T. de subestación Santa Mariña ós CC.TT. Cotogrande e Marola, en conductor R.H.V. de 240 mm en dobre circuíto e 800 m de lonxitude. Concello de Ferrol.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 4 de xullo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña