Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.685

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000 pola que se adxudican as axudas e bolsas correspondentes ó programa de biotecnoloxías do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I, II e III da Orde do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro) aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en biotecnoloxías (anexo I), axudas para realización de proxectos de investigación empresarial en temas de biotecnoloxía (anexo II) e prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de biotecnoloxías.

Nas bases 6, 8 e 6 dos anexos I, II e III, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións que serán designadas polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-las axudas para grupos de investigación que traballen en temas de biotecnoloxía ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso se sinalan. Aqueles proxectos que

figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realizar esta contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concede-la axuda para a realización de proxectos de investigación empresarial en temas de biotecnoloxía ás empresas que se citan no anexo II da presente resolución, na contía e polas anualidades, que se sinalan.

Terceiro.-Concedérlle-la prórroga das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de biotecnoloxía, ás persoas que se citan no anexo III.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 8-2-2000,

DOG do 22 de febreiro)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

SOLICITANTETÍTULOCÓDIGOPERSOALANOS1ª ANUA.

Miles

ptas.

2ª ANUA.

Miles

ptas.

3ª ANUA.

Miles

ptas.

TOTAL

ALONSO FERNÁNDEZ, MARÍA JOSÉDESEÑO DE SISTEMAS COLOIDAIS TRANSPORTADORES DE ADN E AVALIACIÓN DO SEU INTERESE PARA O DESENVOLVEMENTO DE VACINAS ADN.PGIDT00BIO20301PRNON36.0003.0001.50010.500

BOTANA LÓPEZ, LUIS MIGUELSEARCH OF THERAPEUTIC TARGETS FOR ALLERGY TREATMENT.PGIDT00BIO26101ASNON1250250

FREIRE RAMA, MANUELOBTENCIÓN DE CLONS DE LINFOCITOS CON INHIBICIÓN XENICA ESPECÍFICA MEDIADA POR RNA ANTISENSE.PGIDT00BIO20001PRSI36.1002.0001.0009.100

HERRERA LÓPEZ, MARÍA TERESAREXENERACIÓN ADVENTICIA DE PLANTAS MASCULINAS DE KIWI ACTINIDIA DELICIOSA (CHEV.) LIANG E FERGUSONPGIDT00BIO29101PRNON23.5001.5005.000

VIÉITEZ MADRIÑÁN, FCO. JAVIERDESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE CRIOPRESERVACIÓN APLICADOS Á CONSERVACIÓN DE FAGACEAS: CASTAÑO E CARBALLO.PGIDT00BIO40001PRSI38.0003.0001.80012.800

ANEXO II

EMPRESACIFTÍTULOCÓDIGOTIPANOS1ª ANUA.

Miles

ptas.

2ª ANUA.

Miles

ptas.

TOTAL

COOPERATIVAS ORENSANAS, S. COOP. LTDA. (COREN)F-32001976MELLORA DA CALIDADE HIXIÉNICA E FUNCIONAL DE PENSOS PARA ALIMENTACIÓN ANIMAL CON PROBIÓTICOS E BACTERIOCINAS.PGIDT00BIO1EBÁSICA23.0003.4006.400

ANEXO III

BOLSEIRAD.N.I.

Mª JESÚS PRADO CASTRO32.645.044-V

ESTHER SANDE LANDEIRA35.462.061-V