Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO do 26 de xullo de 2000 polo que se convoca concurso para a reforma e nova construcción do actual edificio de vestiarios das piscinas municipais da Granxa de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 232/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma e nova construccción do actual edificio de vestiarios das piscinas municipais da Granxa de Verín.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.999.159 pesetas (138.227,72 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación, incremento co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría C.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: mesmos datos do punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Consulta expediente de contratación: Decreto do 27-6-2000.

c) Aprobación documentación: imprenta Monterrey, avda. de Portugal, fronte á praza do concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 26 de xullo de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde