Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: edificio para vestiarios no polideportivo, 2ª fase.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.837.517 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 116.750 pesetas. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial vixente.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avda. Madrid número 2. Código postal: 27640 Becerreá (Lugo). Teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica. Conterá a documentación sinalada na cláusula 11.2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avda. Madrid número 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes en relación co proxecto aprobado, tanto cualitativas como cuantitativas. Estas melloras deberán de ofertarse segundo se establece na cláusula 11.1 d) do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 26 de xullo de 2000.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente