Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 04 de agosto de 2000 Páx. 11.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/65-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Alto da Manchica.

Situación: A Merca.

Características técnicas: liña eléctrica a 20 kV en conductor LA-56, de 9 m, derivada desde o apoio nº 8 da L.M.T. a Sabucedo e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, 20.000/380-220 V. No Alto da Manchica. Rede de baixa tensión derivada do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense